Datos personales
- ASOCIACION CULTURAL MARIÑEIRA DE SADA "OS PATEXEIROS"
- Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e cultura mariñeira de Sada. CONTACTA CON NOS NO CORREO: patexeiros@hotmail.com
jueves 5 de noviembre de 2009
Chegou o mal tempo por fin
E coma non podería ser doutro xeito, xa viñeron os primeiros sustos cos barcos fondeados. Onte, o bote de Francisco marchou por ahí de ruta turística pola ría. Rachou o cabo, e apareceu amarrado a unha boia que non era. Moito mais alá. Non sabemos cómo foi parar alá nin que o atou, pero alá estaba.
Así que onte a noitiña, al.a fumos ó rescate. E IMPOSIBLE VOLVER A RECOPILAR TAN MALA SORTE EN UNHA HORA E MEDIA:
Collimos o chinchorro, e chegamos ó bote. Lembramos que lle faltaba un tolete e amañamos cun cabiño. E solttámonos da boia, e como non, empezou a zoupar o vento xustiño de proa, e bastante forte. Tanto esforzo fixemos que se levantou o cabiño do remo amañado, e o outro tolete marchou ó mar. Así que entre unha cousa e outro, marchamos para atras, en vez de avanzar. Volvimos a amañar os remos como puidemos, e desta si, consguimos chegar o fondeo do "Galeón" que xa sabedes que e o nome do bote de Francisco.
Mentras amarrabamos ben, parou o vento e empezou a caer unha chivia destas que fai subir a marea, a cubos. Unha vez debidamente empapados, voltamos a terra co chinchorro. Ou polo menos iso pretendiamos. O caso e que nos escasos 10 m que hai do bote ate a rampa, aquelo empezou a meter auga dun xeito que o avanzabamos case o mesmo hacia diante que hacia abaixo. AFUNDIR NUN TRAMO DE 10 M, O QUE NOS FALTABA !!!!. . Por peliños, porque cando o bote xa estaba zozobrando, xusto alcanzamos as rochas, e puidemos saltar a terra. So nos mollamos de cintura para abaixo con auga salgada e de cintura para arriba con auga doce.
Toda unha aventura. Así que ¿quen dixo que xa non se sae a navegar ou que xa non nos bañamos ate o mes de Maio?
Por certo, Os Patexeiros colabouraremos coa loxística das festas do Magosto do Concello, prestando o noso aparello para asar castañas a cubos. E animamos a todos a participar da festa. Haberá campeonatos deportivos, concerto de Rock, xogos tradicionais, baile, "Jam Sesion" de gaiteiros, concursios de zoncos, viño, bebidas, e como non Castañas, nunha festa que durará todo o fin de semana. Ahí tedes o link:
http://www.concellodesada.com/actualidade/nova.php?id=720&lg=gal
martes 20 de octubre de 2009
A Copa "Balbina"
Tamén acordamos que o dia de actividades queda fixado para o sábado. Alí estaremos as 11 da mañán, alí no galpón do C.N.Recreativo, para ir facendo cousiñas e arranxos os dias que chova, e os dias de bo tempo , a navegar. En principio tamén puxemos horario de tarde, as 15 h, por se alguén non pode vir polas mañans. Isto non significa que hai que ir todos os sábados, pero intentaremos estar polo menos algún de nós por alá.
E outra cousa importante da que xa vos informamos e que vamos facer unha festa da entrega da Copa, que será o primeiro sábado de bo tempo que haxa a partir de finais de Novembro. Haberá Magosto, Caldo (como non, o combustible noso) empanada, viño..... Xa vos informamos de que hai que pagar 5 € para mercar a cunca (podédela ver na nosa sección de cousas para levar) e logo hai barra libre de caldo con ela. (Oferta válida ate fin de existencias). E como a trasdición di que a Copa, vaia onde vaia, ten que ir por mar, ese dia teremos concentración de embarcacions tradicionais en Sada, e acompañaremos á copa, que se vai para Ares.
Pero antes de todo iso (esperemos) temos o traslado da Balbina a Lorbé, onde como mínimo a imos afeitar. Se a crise económica se agrava, podemos comer dos mexilons que ten na obra viva durente varios meses, así que haberá que adecentala. Pero queremos facer do traslado tamén unha xornada festiva, por iso invitamos a quen nos quera acompañar por mar de Sada a Lorbé e logo voltaremos pola ruta de sendeirismo PR - G 96, pola Costa Doce. Ainda non temos datas, porque depende tamén do tempo. Pero ide tendo que conta que un xoves calquera, cando se den as condicions, avisaremos.
viernes 9 de octubre de 2009
Xa rematou a Copa Patexeiros 2009
Idemamos este trofeo para presentar como un reto, a ver quen llo quitaría a Sada, a ver en que ano será....
Pois mirade: no primeiro xa. O mito durou menos ca unha miga de pan nun banco de muxos do porto. E que non nos deu tempo nin a aprender a velear.
Pero estamos encantados coa participación de todos /as, e do interese que espertou. Ahí tedes a clasificación final, e ainda que pode que haxa algún erro nas puntuacións doutras concentracions, velahí podedes ver a cantidade de xente que pasou por Sada neste verán embarcada en maderira.
http://sites.google.com/site/descargasxerais/Home/regatas-e-outros-eventos
Recentemente, acordamos facer da entrega da Copa, unha nova tradición, e que alá onde se vaia a Copa, terá que ir por mar. Ollo os dorneiros olimpicos das rias baixas.. coidado con vir aqui a gañarnos, que logo hai que ir en dorna para alá....e a Dorna e moita Dorna, pero o mar e mais mar.
Así que faremos festa, si, pero a Copiña haina que levar no barco a Ares, onde descansará neste inverno, e no vindeiro verán, o compromiso e devolvela a Sada na primeira regata, onde se volverá a poñer en xogo.
Así que....parece que cheira a festa en Sada ¿non si?
E a ver se vamos aprendendo a navegar....(iso vai por nós mesmos).
E tamén lanzo unha pregunta a ver que opinan os lectores: Por exemplo, se un tripulante dunha asociación fora a participar a outra, e resulta, se fose o caso hipotético que se afundiran, pero literalmente, afundir un 9 metros, ¿dámoslle os 3 puntiños igual?. Porque unha cousa e quedar de último na regata (que foi como empezamos) , pero rematar a tempada afundíndo un barco alleo...
En fin, coma sigamos así vannos chamar "os Paqueteiros"
Xa informaremos sobre o evento cando teñamos mais detalles, pero en principio pensamos facer unha especie de romería no final de Novembro ou principios de Nadal.
viernes 4 de septiembre de 2009
A última regata en Sada
E Xa pasou o verán. Ou polo menos poucos foguetes quedan por botar.A serie das catro regatas cooorganizadas co C.N Recreativo xa remataros por esta tempada. O Pasado dia 22, celebramo-la última, cun tempo excelente e moi boa participación. Desta, os de Redes non puideron vir, por teren unha festa alá, o desembarco Pirata. Os que sí nos visitaron foron os amigos Da Coruña co seu precioso "Punta Pregueira", un galoón de 8 metros de eslora que veu a Sada e participou na regata.
Tan Só falta a "Parrocheira" de Ferrol coma proba puntuable, pero matemáticamente xa hai vencedor da Copa Patexeiros 2009: PEPE DO "O SORIO" de Ares. A verdade e que foi lider durante toda a competición, e no tramo final non ía ser menos. Parabens a Pepe, e en xeral a todos os participantes que dun xeito ou outro foron puntuando. velahí podedes ver a clasificación de todas as regatas, faltando tan só os 3 puntos dos que participen na Parrocheira de Ferrol.
http://sites.google.com/site/descargasxerais/Home/regatas-e-outros-eventos
Na regata do dia 22, coma sempre, a competición estivo liderada polos de Ares, que cos seus maravillosos barcos e seu arte para regatear non nos deixaron nin asomar a proa. Iso ou que nos somos uns absolutos paquetes regateando. Que tamén podería ser. Cómpre analizar as tácticas....
Ahí podedes ver a chegada da Dorna "Teresa", gañadora da primeira manga.
A Buceta "Punta Fiateira" estivo tripulada nesta ocasión por Marcos do lajareu , e Agustín e Luisjo dos patexeiros, facendo un estupendo papel e unha dignísima regata.

Pero como dixemos, xa está a piques de rematar o verán. Escribín "última" regata e non "derradeira", porque como ensinaban aqueles mestres de galego dos anos 80, "derradeira " indicaría que non hai mais. Pois claro que haberá mais, moitísimas mais, a ver o ano que ven se o organizamos con algo mais de tempo, mais medios e mais barcos.
En calqueira caso, deste ano ficamos abraiados da boísima acolleita que tivo a Copa , e da boísima participación dos afeccionados/as.
E coma traca final do verán, queda a Parrocheira, este vindeiro sábado dia 5 en Ferrol. Unha festa das mais antiguas que hai e con mais carisma. Deste ano, haberá concentración de embarcacions o sábado, e un obradoiro de gastronomía mariñeira con afumado de peixe e marmitako. Non o pensamos perder, ainda que para os nosos botes faísenos moi lonxe para ir por mar.
jueves 20 de agosto de 2009
III Concentración de embarcacions tradicionais en Ares
1.- Abur C.M. de Redes
2.- Soundtress C.M. de Redes
3.- Teresa C.N.R. de Ares
4.- Cocodrilo
5.- Masmadera C.M. de Redes
6.- Alivanta C.N.R. de Ares
7.- Okeechove C.M. de Redes
8.- Gaviota C.N.R. de Ares
9. Matamo
10.- Mariñán II C.M. de Redes
11.- Reina de África C.N.R. de Ares
Lamentablemente Os Patexeiros non puidemos asistir, polo que pedimos disculpas oficialmente. A saturación de regatas e eventos nestas datas, fai que non se poda asistir a todas.
En calquiera caso, esperemos que o ano que ven puidamos participar.
Por outra banda, este sábado dia 22, celebraremos a derradeira regata de verán da Copa "Patexeiros", na que coma sabedes os de Ares seguen en cabeza. a quen lle apeteza, agardámosvos as catro da tarde na rampa da escola de vela (C.N.Recreatico) ou as 5 na auga, na liña de saída.
Con motivo do peche de tempada, o C. Recreativo organiza unha pequena sardiñada o rematarmos a proba, así que o que queira asistir debe avisar e pagar 5 €.
A vindeira semana, colgaremos a clasificación da copa, onde hai que sumar os puntos da derradeira regata nosa e os 3 puntos fixos os que participaron na concentración de Ares.
Ainda así, non remata aquí, xa que faltaría "A Parrocheira" de Ferrol", para sumar outros 3 puntos.
Bos ventos a todos/as
martes 11 de agosto de 2009
Vamos a mais: Gran éxito da terceira regata en Sada
Ainda que o Líder, Pepe o do "O Sorio" do C.N de Ares segue a estar na primeira posición, desta fraqueou un pouquiño. Coma sempre, podedes ver a clasificación aquí:
Os amigos de Redes chegaron coma as invasions vikingas, nun feixe de barcos dispostos a arrasar. E así o fixeron. O vencedor indiscutible destas duas mangas foi Paco, co "Abur", pero o Trebón e o "Masmadera" andivéronlle ahí detrás.
Os patexeiros volvimos a quedar un pouco atrás debido a dificultades técnucas. Por decilo así. Resulta que na buceta entraba auga pola borda nada mais sair, e xa non puido tomar a saída para non comprometer a seguridade. Pera a dorna "Boaventura", si o fixo, polo menos na primeira manga, onde rematou o percorrido perfectamente, facendo un estupendo papel.
Outro que tamen tivo algún problema na primeira manga, foi o "Alivanta", pero logo recuperou e tomou ben a saída, e fixo unha segunda manga moi boa.
Este sábado, haberá regata no C.N de Ares, así que todo o que participe, por favor que o diga para lle sumar os puntos.
Despois desta concentración de Ares, queda a derradeira regata dos Patexeiros en Sada e a Parrocheira en Ferrol.
miércoles 5 de agosto de 2009
Seguimos coa Copa "Patexeiros"
Este pasado dia 1 de Agosto, un sábado no que quedou unha tarde preciosa, en contrapronóstico, nos fumos á concentración da Coruña. Coma todos os anos, o cócktail non faia: Gaiteiros, Churrasco e vela tradicional. E non nos choveu. Fixemos un bó espectáculo navegando coas nosas velas latinas, de relinga, cangrexa, polo paseo marítimo. Coma sempre, os turistas e transeuntes, andaban un pouco despistados, penso que lles chamou máis a atención os barcos eses que viñan da volta en solitario o mundo.
A verdade e que por un momento, fumos unha maqueta do festival de Brest: a vela tradicional, o barco de guerra francés, o castelo de fondo, os curiosos en terra e mar, e os barcos ultramodernos de non sei que c. de race que nos quitaban a atención.... : Un Brestiño.
Por un momento, case tivemos (tamén coma en Brest) un susto, e case temos un conflicto internacional. Un Barco francés, viña a sotavento, e iamos colisionar. O Jaime, que andaba na caña, xa nos dixo: "Que maniobre el, que va a motor e nós a vela. Certo era. Pero non maniobraba. O Jaime entón non sei que farfullou dos franceses (e non lles chamou franceses) , e suguia no rumbo. O outro barco tamén. Ata que miramos ¿por qué non maniobra? ...NON HABIA PATRON !!. Só había un tipo na proa atando non sei qué aparello. Ahí nos dimos conta que debería ser da nonseique race en solitario.
Coma en Brest, tivemos que dicir "que chove", o mexaren por nós, pero iso foi mellor que rematar na comandancia.
Na Copa Patexeiros, a seguinte cita será a nosa terceira regata, coma sempre en Sada, en colabouración co C.N Recreativo. Xa podedes ver a folla de clasificación actualizada coas últimas regatas e concentracions. O líder seque a ser Pepe o de o "O Sorio", de Ares. Na folla excell, podedes ver as clasificacions de todos os eventos e regatas do golfo ártabro, e os puntos dos involucrados. Se falta alguén por poñer, por favor decideo, pode que haxa errores.
http://sites.google.com/site/descargasxerais/Home/regatas-e-outros-eventos
Así que para os que os deixen na casa, xa sabedes, tedes unha estupenda regata o vindeiro sábado 8, as 16 h na rampa ou as 17 h na liña de saída no mar.
E quero facer unha reflexión en alto, agora: ¿QUÉ C. HABERAN CONTADO NA CASA ESES FREAKIES DA NONSEIQUE RACE EN SOLITARIO PARA QUE LLES DEIXARAN EMBARCAR?
Ainda nos queda moito por aprender dos franceses.
viernes 31 de julio de 2009
Concentración Na Coruña
O ano pasado tamén fumos, pasando A Marola por mar, e obtendo así o título honorífico de "mariñeiro"("Quen pasou a Marola pasou a mar toda"). Pero este ano a viaxe será por terra, por problemas de tempo. Do tempo que marcan os reloxos e o que marcan os barómetros.
En calqueira caso, e habendo churrasco para os participantes, o éxito está garantido. Escoitei unha vez un comentario, sobre que no escudo de Galicia deberian quitar a copa esa, ou algunha vieira e meterlle ahí unha tira de churrasco cuns criollos. E eses pimentiños, e ese tinto...
Mañan andaremos por alá, e a ver se o tempo nos permite nevegar algo.
Parabens, un ano mais os amigos Da Coruña, que xa levan con esta a IV Edición dunha concentración que vai a mais ano tras ano.